Homo habilis

O homo habilis é a especie máis antiga do xénero homo, viveu aproximadamente dende hai 2.5 millóns de anos ata hai 1,44 millóns de anos.

A súa altura media era aproximadamente de 1,5 m e pesaba ó redor de 60kg.

A súa capacidade craneal era significativamente elevada, 650 cm³.

A súa locomoción era bípeda, coa cabeza do fémur máis grande pero curta e redondeada, o que permitía máis movilidade nas pernas pero tiñan os dedos das mans e dos pés curvos e redondeados, o que fai supoñer que aínda utilizaban as árbores.

Foron os primeiros homínidos en empregar o uso de ferramentas fabricadas en pedra, tóscamente talladas nun dos lados, polo xeral.

O emprego de certas ferramentas e o desubrimento de fósiles dentales da pé a pensar que comían carne, posiblemente carroñeo, vexetais duros e prantas.

Os xacementos de homo habilis máis importantes atópanse en África oriental, cerca de masas de auga e en Sudáfrica en covas.

Destes xacementos destacan Omo e Afar en Etiopía, Uraha en Malawi e os xacementos de Kenia.

Esta entrada foi publicada en Evolución. Garda o enlace permanente.