Contaminación atmosférica

Denomínase contaminación atmosférica á presenza no ambiente de calquera axente (físico, químico ou biolóxico) ou ben dunha combinación de varios agentes que sexan ou poidan ser nocivos para a saúde, a seguridade ou para o benestar da poboación, para a vida vexetal e animal ou impidan o uso dalgúns lugares.

 

Entre as cidades máis contaminadas do mundo atmosfericamente están:

– Baku, Azerbaijan

– Dakha, Bangladesh

– Antananarivo, Madagascar

– Port au a Prince, Haiti

– Mexico DF, Mexico

– Addis Ababa, Ethiopia

– Mumbai, India

Baghdad, Irak

– Almaty, Kazakhstan

– Brazzaville, Congo


Entre os sectores que dan lugar á maior emisión de contaminantes atmosféricos podemos destacar:

  • A siderurxia integral. Produce todo tipo de contaminantes e en cantidades importantes, sendo os principais: partículas, SOx, CO, NOx, fluoruros e óxidos de ferro.
  • Refinerías de petróleo. Producen principalmente: SOx, HC, CO, NOx, amoníaco, fumes e partículas.
  • Industria química.Produce, dependendo do tipo de proceso empregado: SO2, néboas de ácidos sulfúrico, nítrico e fosfórico e dá lugar á produción de cheiros desagradables.
  • Industrias básicas de aluminio e derivados do fluor. Producen emisións de contaminantes derivados do flúor.

 

Mapas:

SITUACIÓN MUNDIAL:

Mongolia e Botsuana son os países que teñen uns niveis de PM10 superiores aos 200µg/m3 (microgramos por metro cúbico), 10 veces máis dos recomendados por la OMS. Por detrás están Exipto, Bangladesh, Bosnia-Herzegovina, a India, Kuwait, Nepal, Nigeria, Pakistán, Arabia Saudí, Senegal, Emiratos Árabes e Irán, todos por riba de 100µg/m3.

SITUACIÓN EN ESPAÑA:  valor medio en 29µg/m3

Os niveis de contaminación no noso país superan aos de Francia, Alemania, Dinamarca, Austria ou Reino Unido. Italia é un dos poucos países europeos que nos supera.

Respecto ás cidades, a que ten maior ’suciedade’ na atmosfera é Zaragoza, con 45µg/m3, seguida por Granada, con 40µg/m3; mentras que posúen un aire máis limpo son Santiago de Compostela (18µg/m3) e Logroño (18µg/m3).

 

– Que futuro lle espera a atmosfera coa contaminación?

– Hai algunha forma de cambiar esta situación?

 

Esta entrada foi publicada en CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA. Garda o enlace permanente.