ITER, enerxía limpa para o planeta

ITER (Reactor Termonuclear Experimental Internacional) é un proxecto, ideado en 1986, que trata de demostrar a factibilidade científica e tecnolóxica da enerxía nuclear. Este proxecto estase a construir en Francia e terá un coste total de 10.300 millóns de euros, sendo así un dos  máis caros de toda a historia. Como socios, ten á Unión Europea, Rusia, EEUU, Corea do Sur, China, India e Xapón.

ITER intentará construir un reactor de fusión nuclear. Este reactor terá a técnica do Tokamak e estará  diseñado para quentar un plasma de Hidróxeno gasoso ata 100 millóns de grados centígrados. O gran problema reside na enorme dificultade de comprimir o hidróxeno dun modo uniforme, pero, de ter éxito, podería facilitar a producción masiva de enerxía a partir do hidróxeno.

A súa misión é aclarar se a fusión nuclear pode ser una fonte de enerxía a longo plazo. O modelo é o lume do Sol.

Dentro do reactor Iter, unha combinación de deuterio e tritio (ambos isótopos do hidróxeno) será quentada a máis de cen millóns de grados. Un campo magnético faría que o plasma (no que electróns e núcleos circulan a unha gran velocidade) se quede flotando.

¿Cres que é bo gastar semellante cantidade de millóns de euros para realizar este proxecto que nin sequera se sabe con seguridade se vai funcionar?

De funcionar o proxecto ITER, que cres que supondría, ou cambiaría no futuro con respeto ao actual?

Esta entrada foi publicada en ENERXÍA NUCLEAR. Garda o enlace permanente.