O rastro xenético.

O descubrimento do ADN marcou un antes e un despois no campo da bioloxía; pero non só iso, tamén abriu un mundo de posibilidades para a indentificación de sospeitosos.

Para o ámbito policial, poder identificar unha persoa cunha simple gota de sangue ou un anaquiño de pel significou a posibilidade de pechar casos que levaban anos sen resolver. Pero, como se fai iso?

Pois hai varios métodos, pero os máis importantes son os seguintes:

 

MÉTODO CONSISTE EN… SERVE PARA…
Análise do cromosoma Y Amplificar certas zonas do ADN que se atopa no cromosoma Y e comparala con outras mostras. Comparar mostras entre parentes varóns por parte de pai.
Análise das mitocondrias Obter un nucleótido a partir do ADN mitocondrial da mostra e comparalo co ADN da orixinal. Identificar mostras moi danadas e compárase con mostras de familiares maternos.
Análise STR Localizar repeticións na secuencia de bases da mostra e buscalas no orixinal. Comparar mostrar e determinar as coincidencias que existen entre elas.
AmpFLP Amplificar determinados fragmentos do ADN. Comparar e determinar as relacións entre dúas mostras dunha forma relativamente barata.
Análise por PCR Ampliar unha rexión da mostra e facela reaccionar mediante diversos encimas. Atopar membros dunha nova familia xenética (principalmente).
Análise de RFLP Facer un ensaio de hibridación por Southern e usar sondas para detectar as repeticións. Establecer relacións de parentesco entre pais e fillos.

 

Pero o ADN non só se utiliza para localizar sospeitosos, tamén para a identificación de persoas desaparecidas ou que non saben cal é a súa verdadeira familia. Un caso que está moi de actualide é o dos nenos roubados durante a dictadura. Nesta ocasión as análises de ADN son fundamentais para adxudicar ás víctimas as súas verdadeiras identidades.

Criades posible levar a cabo unha análise de ADN cunha simple gota de sangue? Sabíades que exitían tantos tipos diferentes de análises e que non todas serven para o mesmo? E que me decides da revolución que significou a posibilidade de identificar a alguén dunha forma tan precisa?

Esta entrada foi publicada en Pegada xenética, Xenética. Garda o enlace permanente.

2 Responses to O rastro xenético.

  1. lorenanunez di:

    Na miña opinión, creo que a posibilidade de identificar ás persoas mediante estas técnicas do ADN resulta imprescindible. Ademáis de para descubrir sospeitosos dun delito, no caso dos nenos roubados, o ADN é esencial para resolver a situación e poder facer que algunhas familias que crían desaparecidos aos seus fillos os volvan atopar. Definitivamente, o ADN e as diversas maneiras de analizalo, é un traballo fundamental no que debería investirse máis investigación; sobre todo no caso dos nenos roubados que aínda non logrou resolverse por completo.

  2. lorenasartal di:

    Parece incrible que a partir dunha mínima mostra de sangue ou de outros restos se poidan facer descubrimentos tan amplos, tanto no ámbito científico, de axuda para investigacións policíacas ou para a búsqueda de familiares desaparecidos.
    No meu caso descoñecía este tipo de técnicas de análise xa que son varíadas e desempeñan funcións diferentes pero todas con un mesmo fin, a investigación nos diferentes ámbitos.
    A técnica de manipulación de ADN é un gran adianto xa que nos proporciona unha gran axuda nos casos citados anteriormente.
    En conclusión, o coñecemento do ADN supuxo un gran descubrimento na sociedade.

Deixa unha resposta