ciencia ficción? non, é a realidade!

O Reactor Experimental Termonuclear Internacional (ITER) é un proxecto ideado para demostrar o rendible que é a fusión nuclear. O seu obxectivo é, á parte de unir os avances tecnolóxicos e científicos levados a cabo mediante programas de investigación por diversos países (Europa, Estados Unidos, Xapón, e a antiga Unión Soviética), probar os elementos necesarios para a construción e funcionamento dun reactor de fusión nuclear que servirá de demostración comercial.

O seu funcionamento baséase no concepto de “tokamak”. Isto consiste en quentar unha mestura de deuterio e tritio a temperaturas maiores a 150 millóns de ºC, formando un plasma quente. Empréganse campos magnéticos, producidos por bobinas supercondutoras que rodean o contedor e por unha corrente eléctrica impulsada a través do plasma, para manter o plasma lonxe de parede. A necesidade de quentar un plasma de hidróxeno gasoso ata 100 millóns de graos centígrados despois de comprimilo de forma uniforme é o principal problema que supón o funcionamento do ITER.

O ITER estase a construír en Francia e costa 10.300 millóns de euros. É o terceiro proxecto máis caro da historia da humanidade. Debería xerar o seu primeiro plasma cara o ano 2010 e estar plenamente operativo no 2022.

Ó comezo, os candidatos para albergar o ITER foron España e Francia, logo, España descartouse e propúxose Francia ou Xapón. Por último, elixiuse finalmente a candidatura de Cadarache.

O primeiro ministro de Francia Dominique de Villepin, considerou que o ITER levaría á creación de 4.000 postos de traballo non seu país.

O ITER é un paso cara o aproveitamento óptimo da enerxía e un futuro prometedor pero, credes que é factible aproveitar a fusión nuclear para enerxía eléctrica ou que o ITER é un proxecto sen futuro?

Cales credes que poderían ser as consecuencias dun fallo técnico durante o seu funcionamento?

http://es.wikipedia.org/wiki/ITER

http://www.iter.org/

http://www.ecologistasenaccion.org/article2412.html

Esta entrada foi publicada en ENERXÍA NUCLEAR. Garda o enlace permanente.