Sogama, loitando contra os residuos contaminantes

A Sociedade Galega de Medio Ambiente, máis coñecida como SOGAMA, é unha empresa pública que se adica ao servizo da cultura medioambiental en Galicia, estando tamén ao servizo do Goberno da Xunta. Naceu da unión de capital público (51% da Xunta) e privado (49% de Fenosa), e o seu obxetivo é a incineración dos residuos contaminantes (lixo) para a obtención de enerxía. Esta sociedade ten un vertedoiro de lixo en Areosa, concello de Cerceda, no que se almacenan 3.400 millones de kilos de lixo.

SOGAMA foi creada no 1992 e púxose en  funcionamiento no 2000, coa filosofía da aplicación das 3 R: Reducir/Reutilizar/Reciclar. A central de SOGAMA ten en funcionamento dous tipos de vertedoiros:
– Vertedoiro de escoria:
No que se almacenan todo tipo de restos extraídos da caldeira. Estas escorias pódense empregar posteriormente para a utilización como recheo en obras públicas.

– Vertedoiro de ceniza:
As cenizas son envasadas en sacos dunha tonelada, almacenándose nun vertedoiro totalmente controlado.

Sogama parece ser un dos métodos máis eficientes para a eliminación de residuos contaminantes en Galicia, obtendo desta maneira enerxía. Cres que é rentable o seu procedemento para obter enerxía a partir do lixo? Cres que pode haber métodos máis eficientes para a obtención de enerxía eliminando os residuos contaminantes?

Esta entrada foi publicada en RECICLAXE. Garda o enlace permanente.