Os alimentos transxénicos. Que sabemos deles?

Os alimentos transxénicos son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Ou o que é o mesmo, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada.

Os principais efectos que poden ocasionar os transxénicos danse na saúde humana e no medio ambiente

– Na saúde humana:

  • Aparición de novas alerxias por introdución de novas proteínas nos alimentos.
  • Aparición de resistencias das bacterias a algúns antibióticos, xa que estes son usados en algúns alimentos.
  • Aparición de novos tóxicos nos alimentos.
  • Incremento da contaminación nos alimentos por un maior uso de produtos na agricultura.

Moitos din que os beneficios de consumir transxénicos se verán no futuro.

– No medio ambiente:

  • Efectos descoñecidos ou impredecibles, xa que non se sabe como poden actuar os novos xenes.
  • Contaminación do solo.
  • Desaparición de biodiversidade debido á contaminación do solo.
  • Incremento do uso de pesticidas.

Como se elaboran os transxénicos:

¿Son realmente bos os alimentos transxénicos? ¿Que medidas habería que tomar con respecto a eles?

 

 

 

Esta entrada foi publicada en CULTIVOS TRANSXÉNICOS. Garda o enlace permanente.

5 Responses to Os alimentos transxénicos. Que sabemos deles?

  1. vanessagandara di:

    Na miña opinión e a pesar de que non coñecemos os seus efectos adversos non poden ser bos xa que non deixan de ser productos alterados xeneticamente, e conteñen químicas prexudiciais para a nosa saúde. E eu penso que a mellor medida que podemos tomar e a información xa que se nos debería informar dos productos transxénicos que comemos.

  2. taniagarcia di:

    Eu creo que se aparecese un produto que tivera riscos ao medio ambiente pero que se asegurase 100% que non ten riscos na saúde humana, tería exito. Polo tanto consideraríamolos bos se realmente axudaran ás persoas. E como medida deberíamonos asegurarnos de que esa ausencia de riscos é certa.

  3. albacarballo di:

    penso que os alimentos transxenicos, como todo, teran as suas cousas boas e malas, poderan ser bos para umentar a produtividade pero se non son beneficiosos para nós sería mellor non consumilos.
    pois que as marcas que usen estes alimentos que poñan no paquete que os usan e que fagan unha serie de regulacions para que non se sobrepasen coa cantidade.

  4. crisiglesias di:

    Os cultivos transxénicos son bos en gran parte, pois grazas a eles podemos acabar coa fame mundial, o punto máis importante destes cultivos.
    Pero estes cultivos tamén poden traer problemas, poden ocasionar efectos secundarios no teu organismo.
    Para iso deberíase tomar certas medidas como controlar a producción destes cultivos.
    Para min, este artigo é un dos mellores que se fixo sobre os cultivos transxénicos, noraboa.

Deixa unha resposta