Alimentación transxénica-ficción.

 

Tomates con xens de peixe para resistir o paso do tempo, sandías sen pepitas, melocotóns con sabor a uva… non se trata de ciencia-ficción. Son alimentos denominados transxénicos, que formarán co paso do tempo parte da nosa dieta. Ben, pero… que é exactamente un alimento transxénico?

Pois non é mais ca un cultivo que contén un xen, ou varios, que foron inseridos artificialmente por medio da biotecnoloxía moderna. A aplicación desta tecnoloxía á producción alimentaria presenta algunhas ventaxas. Por exemplo, permite que plantas, animais e microorganismos sexan modificados con características novidosas máis aló do que é posible mediante a reprodución e selección tradicionais. 

Estos rasgos novidosos ofrecen un gran aumento da productividade agrícola, ou mellor calidade e características de nutrición, feito que pode contribuír de forma directa a mellorar a saúde. Dende a perspectiva da saúde tamén pode haber beneficios indirectos, como a redución do uso de substancias químicas para os cultivos e a seguridade alimentaria.

Sen embargo, tamén presenta unha serie de inconvintes, poden ter tamén riscos directos para a saúde e o desenvolvemento, xa que non se coñecen os antecedentes de uso alimentario non perigoso de moitos xenes. Por iso en diversos países estableceron a obriga dunha avaliación de riscos  antes da comercialización de alimentos GM (xeneticamente modificados).

Os os cultivos xeneticamente modificados con máis éxito foron: a soia GM, foi o cultivo máis sementado a nivel global. En segundo lugar o algodón GM, que alcanzou o 47% dos 34 millóns de hectáreas sementadas en todo o mundo. O maíz GM ocupou o 24% dos 157 millóns de hectáreas sementadas a nivel mundial.

En canto aos países de produción destes cultivos, dentro de Europa o maior productor é Rumanía. E a nivel mundial EEUU, Brasil e Arxentina.

Na actualidade practicamente ningún producto que esté modificado xeneticamente aparece etiquetado como tal.

Se agora, por exemplo, os teus cereais de sempre aparecesen etiquetados como un producto transxénico, seguiríalos mercando?

Esta entrada foi publicada en CULTIVOS TRANSXÉNICOS. Garda o enlace permanente.

8 Responses to Alimentación transxénica-ficción.

  1. nuriabuceta di:

    Eu opino que os dos cultivos transxénicos está ben, pero que se debería coñecer máis sobre eles, antes de comezar a comercializalos, e por suposto informar aos consumidores se están modificados ou non. O que vexo mal, é que se aquí en España non se poden modificar xenéticamente e comercializalos, que deixen comercializar aquí alimentos de outros países que estean modificados xeneticamente e sen informarnos.

  2. estefaniatrevino di:

    Sería unha decisión difícil, pois non serían naturais como eu pensaba que o eran. Porén, se eu non noto cambios no sabor, en como me sentan…non tería problema en seguilos comprando, pero unha cousa si que faría, mandarlle unha carta de protesta a empresa por non avisar da súa forma de cultivo.

  3. lorenasartal di:

    No meu caso eu non seguiría consumindo alimentos transxénicos porque aínda que algúns resulten “bos” para certas cousas xa que poden posuir característas doutros alimentos que resulten beneficiosas para a nosa saúde non se coñecen os seus efectos secundarios. En conclusión, se descoñezo os seus riscos non os consumiría.
    E ti, consumiríalos?

  4. juansilva di:

    Pois eu non os comería porque aínda que teñan substancías que protexen este alimento e mesmo posiblemente sean máis “saludables” os cereais terían unhas pequenas alteracións que ao longo do tempo penso que nos perxudicarían xa que non teñen os mesmos nutrientes que uns cereais natuarais.

  5. lorenarojo di:

    Respondendo a pregunta eu non comería os cereais e considero que é necesario que os alimentos transxénicos estean identificados, porque así non sabemos o que comemos.
    Eu penso que non se deberían manipular os alimentos porque non considero que sea máis importante os beneficios económicos ca nosa saúde e penso que os alimentos transxénicos van ser portadores de moitas enfermidades.

  6. andrealueiro di:

    Eu ante a duda deixaría de mercalos. Prefiro non correr o risco xa que aínda non sabemos que posibles efectos adversos poden ter no noso organismo. Ademais penso que, xa que non hai ningunha lei que prohíba este tipo de alimentos, debería de haber unha que obligase ao fabricante a sinalar se o producto é ou non transxénico para que cada un teña a posibilidade de decidir.

  7. nuriabua di:

    Eu non os seguiría comendo, xa que non sabemos que efectos nos poden traer para a nosa saude, se os consumes diariamente. Pero os fabricantes destes productos deberían indicar na sua etiqueta que son produtos tranxenicos.

Deixa unha resposta