Pegada xenética

Calquera tipo de mostra biolóxica é analizable nun laboratorio de ADN, pero as máis frecuentes son as seguintes:

Células de descamación: Estas mostras forenses prodúcense mediante o rozamento da pel con calquera parte do corpo con prendas ou obxectos. Resultan útiles para saber quen empuñou un arma ou usou unha determinada prenda.

Dentes: Son unha estupenda fonte de ADN, cuxa maior concentración atópase na zona máis interna (a pulpa).

Esperma: é unha boa mostra para a identificación, pois consta dun gran núcleo de ADN e é ademais unha fonte de estudo de poliformismo xenético.

Pelos: Están formados por tres capas concéntricas: a cutícula (formada por un número variable de capas de células, segundo o seu grosor), a cortiza (é a máis abundante e contribúen en gran parte a súa propiedade mecánica) e a medula ( é a parte centra e pode ser continua, descontinua e inexistente).
A única zona con ADN atópase preto da raíz ou bulbo, pero non todos os pelos con bulbo serven para analizar polo que é preciso seleccionalos.

Restos óseos: A pesar de que un cadáver se atope nun estado avanzado de putrefacción ou na fase de esqueletización, aínda conserva materia orgánica.
Para o estudo xenético forense son preferibles aqueles que posen unha boa cantidade de médula, como por exemplo o fémur.

Saliva: A saliva en si mesma non conten ADN, pero está nun medio cheo de tecido epitelial (o cal si ten), polo que é frecuente que en restos de saliva atopemos algunha destas células que se desprenderon.

Sangue: Na sangue o ADN non é extraído dos glóbulos vermellos, posto que estes non teñen nucleo pois transportan o osixeno, pero si que atopamos ADN nos glóbulos brancos dos cales si que conseguiremos unha mostra.

Tecidos: Son unha fonte segura de ADN, pois neles sempre imos atopar células nucleadas. Hai que ter en conta o lugar ao que pertence ese tecido, dado que non todo os tecidos conservan o ADN en boas condicións tras a morte.

Uñas: Non son unha fonte importante de ADN, máis na practica dan mellores resultados dos pensado.

Máis información en:

http://www.policia.es/org_central/cientifica/servicios/

Credes que estes métodos son suficientemente efectivos na actualidade ou precisan seguir mellorando?

Esta entrada foi publicada en Pegada xenética, Xenética. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Pegada xenética

  1. aitorcampos di:

    Creo que na actualidade estes métodos son máis que suficientes para detectar e identificar aos sospeitosos, pero tamén creo que é mellor que se siga estudiando neles para facer deste un método infalible, posto que no futuro é moi probable que tamén exista algún tipo de técnica que poida despistar á pegada xenética.

  2. enriquearzua di:

    A policía española aínda que está moi avanzada debería mellorar moito máis porque eu creo que se o preparas ben o policia non seria capaz de pillar o culpable. Ademais cas novas tecnoloxías e novos materiais descubertos podes facer o crime perfecto.

Deixa unha resposta