Médicos que son robots.

En 1996 Isaac Asimov escribiu unha novela titulada “Unha viaxe alucinante” que se situaba nun futuro onde o ser humano utilizaba a nanotecnoloxía para realizar diversos procedementos médicos con maior precisión. Hoxe en día iso deixou de ser mera ficción para convertere nunha realidade coa que xa nos podemos atopar.

A nanomedicina (que así se chama esta innovadora técnica) consiste na utilización de robots microscópicos programados para actuar dentro do noso corpo realizando funcións imposibles para os fármacos ou de xeito máis preciso.

Actualmente, estase a usar esta innovación para realizar funcións desinfectantes e antisépticas pero augúraselle un futuro moi prometedor. Un dos obxetivos máis importantes que se pretende alcanzar é a cura do cancro ou, alomenos, un diagnóstico precoz e unha eliminación máis rápida e con menos secuelas.

Pero a demais diso, a nanomedicina podería facilitar e mellorar a vida de persoas  con efermidades crónicas tan comúns como a diabete; que recibirían a insulina de cápsulas dispostas en células artificiais. E incluso devolver a visión a persoas que, por diversos motivos, teñen o nervio óptico perxudicado mediante a instauración de nanorobots a modo de “parche” para restaurar a conexión entre ambos os extremos do nervio.

Sen embargo, non todo son vantaxes, xa que aínda que non se coñece con certeza as consecuencias que pode ter o uso desta técnica, algúns espertos apuntan a que os efectos secundarios serían demasiados.

Credes que Isaac Asimov puido chegar a imaxinar que o que el presentaba como ficción se convertería algún día en realidade?  E vós, coñecíades as aplicacións da nanotecnoloxía no campo da medicina? Que vos parece este grande avance? Pensades que nos permitirá curar enfermidades coma o cancro?

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novos materiais. Garda o enlace permanente.

3 Responses to Médicos que son robots.

  1. lorenanunez di:

    Eu penso que segundo o artigo, unha vez que se descubran cales son os efectos secundarías desta nanotecnoloxía, poderemos opinar acerca de se estamos a favor ou non. Se os efectos secundarios non son moi importantes, penso que esta revolución no campo da medicina é realmente necesaria e útil, xa que curar enfermidades tan actuais como o cancro ou a cegueira é algo que a maioría da xente quere porque en calquera momento nos podemos ver afectados por unha destas enfermidades. Asi que, esperemos que a tecnoloxía médica avance e as vantaxes sexan moi notables e os seus efectos secundarios carezan de importancia ante os logros, como pode ser vencer o cáncer.

  2. andreasanchez di:

    Non creo que Isaac Asimov se imaxinara que a súa historia se convertiría en realidade, como Jules Verne non se imaxinou que moitos dos artiluxios das súas tamén o farían. En canto a utilización destes nanorobots, creo que debería de darse un plazo de proba, e que non debería normalizarse o seu uso ata que haxa datos contrastados de que non son prexudicias. É certo que o seu uso podería conlevar numerosos beneficios pero os inconvintes poderían ser moito maiores. As innovacións no campo de medicina sempre son benvidas, pero igual que os franceses cos alimentos transxénicos, creo que por agora debemos de adoptar unha política de prevención.

  3. davidfontenla di:

    Eu creo que Isaac queria facer referencia a como podía ser no futuro a nanotecnologia e estuvo bastante acertado, pero cales seran as consecuencias negativas causadas polos robots?.

Deixa unha resposta