Roupa “intelixente”

A nanotecnoloxía ten diversas aplicacións que están comezando a ter un auxe importante nos últimos anos entre elas a aplicada á industria téxtil.

Aportes da nanotecnoloxía aos téxtiles:

  • Membranas imper-respirables (roupa de proteción)
  • Membranas antiestáticas (roupa de proteción)
  • Nopartículas que liberan fragancias, funxicidas e bacteriostáticos
  • Fibras con maior capacidade de absorción de humidade (nanocapas)
  • Fibras luminiscentes (nanofibras)
  • Materiais máis lixeiros e resistentes (nanotubos de carbono)
  • Nanotubos para chalecos antibalas e raquetas de tenis

Tamén nos pode aportar vantaxes máis “comúns”:

  • De fácil manexo
  • Lavable ata 40°C
  • Conserva a transpiración
  • Axeitado para todo tipo de téxtiles
  • Efectos duradeiros en todos os téxtiles
  • Evitar as manchas de té, café, viño tinto, ketchup, etc.
  • As manchas poderán quitarse empregando só agua
  • Protexe os téxtiles durante moito tempo da humidade, suciedade e graxas


Algúns espertos estiman que alo menos un 20% dos materiais téxtiles europeos incorporará a nanotecnoloxía nun prazo de cinco anos.

Está comenzando a utilizarse en cousas tan relevantes como os traxes dos militares, os soldados británicos levarán tecidos intelixentes, máis lixeiros e capaces de conducir a electricidade. Ademais, o uniforme incluiría un ordenador portátil integrado, cun teclado de tela.

¿Coñecías a aplicación da nanotecnoloxía aos téxtiles? ¿Que che parecen as súas aplicacións?

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía. Garda o enlace permanente.