O aceiro, a revolución metalúrxica.

O aceiro é unha aleación de ferro e carbono, no que este último está presente dende un 0’4% ata un 2’25%.

O aceiro como tal comezou a producirse en altos fornos a partir do século XVIII, porén dende a Idade Antiga xa se empregou unha “especie” de aceiro: no ferro formábase unha capa que mesturaba o ferro co carbono das brasas. Isto coñécese como ferro de forxa.

Unha pequena anécdota: durante as Cruzadas, os moros empregaron unha forma de templar as espadas un tanto especial. Cando o metal estaba candente, introducíano no corpo dun prisioneiro cristián para torturalo e, de paso, fabricaban espadas de ferro forxado co carbono do corpo humano.

Volvamos a 1740, ano no que Benjamin Huntsman descobre (redescobre, mellor dito) a forma de fabricar aceiro de calidade nun crisol cunha cantidade de carbono coidadosamente medida. Era a mellor forma ata que en 1902 se inventou o forno eléctrico.

O aceiro supuxo na Historia da Humanidade unha gran revolución material: un metal moi dúctil, maleable e tenaz que permete crear grandes estruturas moi resistentes con relativa facilidade. Como o movemento se demostra andando, só tes que votar unha ollada ao teu redor: dende os cubertos que empregas para xantar ata as enormes pontes que se atopan na autoestrada, están feitos de aceiro.


Por qué digo que Benjamin Huntsman “redescobre” o aceiro de crisol?

Que vantaxes supón o aceiro sobre outros metais como, por exemplo, o ferro?

 

 

Esta entrada foi publicada en Aceiro. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta