Fibra “óptima”?

Ben certo é, como todos sabemos, que as tecnoloxías cada vez están avanzando máis, e a veces quizáis demasiado de presa, por iso, como é neste caso no que imos a falar da Fibra Óptica, pódese considerar que é o medio máis bo para a transmisión de datos, sobre todo na telecomunicación.

Comecemos dicindo que a fibra óptica é un medio de transmisión que se utiliza xeralmente en redes datos, e consiste nun fío finiño de material transparente polo que se envían impulsos de luz. Estes impulsos de luz envíanse mediante un código binario, ceros e uns, e que representan: 1 si pasa a luz, 0 non pasa a luz. E polo tato, ao ser impulsos de luz, desplázanse á velocidade da luz.

Estas fibras ópticas teñen un gran uso nas telecomunicacións, xa que permiten enviar gran cantidade de información a unha grande distancia e con velocidades bastante elevadas (a da luz), ademais de ter como ventaxa que non sofren interferencias electromagnéticas. A primeira compañía que inventou a fibra óptica foi Corning Corporated, fai xa uns 25 anos, e que está dirixida polo director de Tecnoloxía Óptica, Dr Donald B. Keek.

Con respecto ás traxectorias que pode seguir a luz no interior dun cable de fibra óptica podémolas clasificar en dous tipos: as fibras multimodo, nas que a luz pode circular por máis dun camiño ou modo; e as fibras monomodo, nas que a luz só se propaga dun modo determinado.

Como a maioría das cousas, a fibra óptica ten as súas ventaxas pero tamén as súas desventaxas:

-Como ventaxas xa citamos antes algunhas, como son a rápida transmisión de gran cantidade de datos a gran distancia, é de pequeno tamaño (ocupa pouco), grande lixeireza, resistente ao calor, frío…

-Como desventaxas podemos destacar que é bastante caro o seu proceso de obtención, utilízanse transmisores e receptores bastante caros, a súa alta fraxilidade…

Agora, un video que nos fala da fibra óptica, dende o seu uso ata como é o seu proceso de obtención:


A fibra óptica en España:

Unha das aplicacións máis coñecidas de fibra óptica óptica en España é a Fibra Óptica de Movistar, aínda que hai outras compañías que tamén a utilizan como Orange, Jazztel, etc.

Que se ofrece coa fibra óptica? Pois ben, a fibra óptica anteponse ao ADSL xa que esta é máis rápida, polo tanto, a cobertura será mellor, internet funcionará con máis rapidez, á hora de ver vídeos non se trabarán tanto, subiranse fotos e demais cousas a máis velocidade…. Pero todas estas ventaxas que, por exemplo, Movistar nos ofrece podemos observalas neste enlace: Movistar Fibra Óptica.

 

Moi cerca nosa:

Aínda que nos pareza que non, a fibra óptica está máis cerca de nós do que pensamos, e estou totalmente segura de que moita xente ao mellor ten algún producto de fibra óptica na casa e quizáis non o saiba.

Primeiro diremos, que, ademáis de transmisón de datos a longa distancia, a fibra óptica tamén se utiliza para a iluminación, xa que o vidro é o principal material emisor de luz. Pois ben, sabendo isto, tes idea de para que se utiliza a fibra óptica no aspecto de emitir luz? Pois aquí van algúns exemplos:

 

Dá a túa opinión:

– Cres que a fibra óptica acabará substituíndo os outros medios de transmisión?

– Aínda que sexa custosa a súa obtención, cres que ao fin a ganancias son maiores? Por que?

 

 

Esta entrada foi publicada en Fibra óptica. Garda o enlace permanente.