O fío transmisor do futuro

fibra óptica é un fío  moi fino de material transparente, vidro ou materiais  plásticos. Por este fío envíanse pulsos de luz que representan os datos que vamos transmitir.

O físico Narinder Singh Kapany, apoiándose nos  estudos de John Tyndall, realizou experimentos que o levaron a la invención da fibra óptica.

A fibra óptica permite enviar gran cantidade de datos a unha gran distancia, con velocidades similares aos da  radio e superiores ás dun  cable convencional. Son o medio de transmisión por excelencia xa que son  inmunes ás interferencias electromagnéticas, tamén se empregan para redes locais, onde se necesite aproveitar as vantaxes da fibra óptica sobre outros medios de transmisión.

A fibra óptica ten moitas funcións: emprégase habitualmente en redes de datos, telecomunicación, emprégase tamén como sensores para medir temperatura, para uso decorativo, iluminación, etc.

Uns dos primeiros usos da fibra óptica foi  para transmitir imaxes, o que axudou a creación do endoscopio médico.

O Premio Nobel de Física 2009 foi adxudicado ó británico estadounidense Charles Ka pola súa investigación no terreo da fibra óptica.

Sabíades que inventou a fibra óptica? E coñeciades as súas múltiples funcións?

 

Esta entrada foi publicada en Fibra óptica. Garda o enlace permanente.