Coñecedes o vidro pirex?

O vidro  pirex ou o vidro de borosilicato ten unha resistencia química moi boa; resistencia química á auga,  ácidos ( menos ó ácido fluorhídrico e ó fosfórico quente), solucións de sal, disolventes orgánicos. O seu contido relativamente baixo de álcalis deixa o vapor PH dos medios virtualmente invariable. Outra propiedade do vidro pirex é que resiste as altas temperaturas sen deformarse, non se deforma por debaixo dos 550ºC. Estas vantaxes, en unión da de ter unha dilatación térmica baixa, fan do vidro pirex un material sen rival para os traballos científicos.

Foi desenvolvido por primeira vez polo vidreiro alemán Otto Schott a finais do século XIX e vendido co nome de “Duran” no 1893. Despois, cando Corning Glass  (empresa) Works desenvolveu o vidro Pirex en 1915, este converteuse nun sinónimo do vidro borisilicatado.

Ademais de silicio, carbonato de sodio e carbonato de calcio usados tradicionalmente na fabricación do vidro, o boro é usado na manufactura deste vidro. Normalmente a súa composición é: 70% sílice, 10% óxido bórico, 8% óxido de sodio, 8% óxido de potasio e 1% óxido de calcio.

 

Na actualidade, o vidro pirex utilízase como material de laboratorio e para a fabricación de utensilios da cociña chamados refractorios. Tamén se utiliza para as lámpadas incandescentes e incluso para xanelas. Aínda que a súa fabricación non é tan sinxela, nin é tan barato como os vidros tradicionais; ao facer un balance entre as súas capacidades e o seu prezo resulta económico.

Vidrio Pyrex, ventajas y desventajas de usarlo en la cocina

Non se debe mesturar co vidro a reciclar xa que non se funde totalmente as temperaturas de operación das plantas de reciclaxe.

–  Pensades que é necesario o vidro pirex para a elaboración dos materiais do laboratorio?

–  Utilizariades tarteiras de vidro pirex para cociñar?

 

 

Esta entrada foi publicada en Vidro pirex. Garda o enlace permanente.

One Response to Coñecedes o vidro pirex?

  1. manuelmagdalena di:

    Penso que si porque no laboratorio hai moitos productos químicos,ácidos… e se este material resiste tan ben os produtos químicos é o material perfeto pa poder realizar mezclas.
    Si non tería ningún problema en utilizalo pero tería que abaratarse máis para poder compralos.

Deixa unha resposta