Nano Lego

A arquitectura sempre fixo uso dos materias e innovacións que tivo ó seu alcanze dende os seus albores. Xa na Idade Media, os constructores das catedrais mesturaban o vidro con partículas de ouro para conseguir un brillo moito maior nas vidrieiras.

Actualmente os avances feitos superan por moitos ós dos nosos devanceiros. Gracias á nanotecnoloxía, a arquitectura non só se volveu máis sorprendente, podendo realizar edificios con formas antes inimaxinables, senón máis funcional.

A súa aplicación permitiu principalmente realizar materias máis lixeiros, facendo posible a creación de edificios máis esbeltos que anteriormente resultaban inimaxinables. Aínda que esta foi a primeira aplicación da nanotecnoloxía para a arquitectura non é por moito a única.

Por exemplo, a empresa sueca Skanska, acaba de producir muros de formigón que descompoñen os gases expulsados polos vehículos nos túneles da estrada, ademais de beirrarúas que limpan o aire das ciudades.

Ademáis de función medioambientais, descubriuse que calqueira sólido nanoestructurados  obtén mellores calidades constructivas, como por exemplo o Cu, que se volve cinco veces máis resistente. Pódense modificar ademais outras características básicas como a resistencia á fractura, o cor, a elasticidade, a resistencia térmica… A isto súmase a obtención de cerámicas que nunca se rompen, só se deforman, materias que cambian de cor segundo o epectro de luz que se lle aplique á superficie…

Outras investigación con polímeros, deron como reslutado a posibilidade de empregar materias que teñan a propiedade de auto-repararse, arranxando por sí mesmos buratos, brechas e outras imperfeccións que poideran sufrir. Tamén se descubriu a forma de que, grazas ó dióxido de titano, de que os mesmos materias se manteñan limpos e secos simplemente coa luz solar. Esto débese a que o dióxido de titanio activado pola luz ultravioleta alcanza unha gran capacidade oxidante, conseguindo nanopartículas que desfan compostos orgánicos.

Se todos os materias son nanoestructurables, a innovación neste campo parece non ter límites. Actualemente, as  miradas de todos os arquitectos están voltas cara a nanotecnoloxía de creación de nanosistemas. Se esta avanzara, obteríanse os mundialemente coñecidos, aínda que por hoxe aínda hipotéticos, nanobots. Non cabe dúbida que a súa aplicación á arquitectura como en numerosas disciplinas, tería innumerables ventaxas.

As preguntas que se plantean neste punto son varias: se finalmente se conseguen os mencionados nanobots, reduciríase todavía máis a man de obra na construción? E con estas técnicas de auto-reparcións dos materias, non habería un descenso nas ventas? Está preparada a economía para un cambio necesario na ecoloxía, ou é o infinito problema entre a antitética relación do que é mellor para o medioambiente e o que é mellor para a economía?

 

 

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novos materiais, POLÍMEROS. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta