Que comemos?

Día a día da nosa vida, precisamos alimentarnos para poder sobrevivir. A maioría da xente sempre di que prefire comer alimentos “naturais” como os legumes, froitas, verduras….; pero realemente son naturais de verdade? Pois o certo é que a gran maioría dos alimentos que consumimos non están nun estado tal e como os daría a natureza, senón que foron alterados xenéticamente; son os chamados “alimentos transxénicos”.

Os alimentos transxénicos son todos aqueles que foron manipulados xenéticamente, máis ben, que foron producidos a partir dun organismo modificado xenéticamente para conseguir que tivese unhas características determinadas, como poden ser: a súa maior conservación, a rápida maduración, etc…

Para obter os alimentos modificados, ou incluso certas susbtancias en plantas, que estas mesmas non teñen, débese pasar por un proceso previo de combinación de xenes, que nos ven un pouco resumido no video que presentamos agora:


Na actualidade, hai moitos máis alimentos manipulados xenéticamente do que pensamos, e que ao mellor os inxerimos sen saber, pero por esa razón hai xente que está a favor e outra en contra. Porque, son malos para a saúde estes alimentos? Algúns expertos e científicos na materia din que non, que este tipo de alimentos non son perxudicias para a saúde, e en pouco se diferenzan dos produtos convencionais. Aínda así, estes produtos “obtidos da ciencia” teñen unhas certas vantaxes e desvantaxes:

– Vantaxes: poderemos obter produtos que aguanten máis tempo en bo estado, poderase conseguir que un único produto teña moitas máis vitaminas, aumentarase a produción, fará que diminúan os costes na agricultura, etc…

– Desvantaxes: hai un certo risco de que se produza hibridación entre produtos, poden causar algún que outro dano debido á nova incorporación de xenes, etc….

Pero todo isto do alimentos transxénicos tería o seu principio nalgún momento, e habería algún produto que fose o primeiro en comercializarse e darse a coñecer ao consumidor? Pois ese foi o caso do tomate Flavr Savr, que foi o primeiro produto alimenticio modificado xenéticamente que se puxo a disposición do consumidor no mercado.

Na actualidade, a partir de que pouco a pouco hai máis produtos que se están consumindo e que son manipulados xenéticamente, existen certas empresas que se dedican á produción destes produtos; e a máis coñecida e importante neste campo é Monsanto .

España xoga un importante papel no campo dos transxénicos, pois a nivel europeo, é un dos maiores produtores de cultivos transxénicos que hai nestes momentos, destacando ante todo no cultivo do millo; aínda que tamén se cultiva algodón ou soja. A nivel mundial, os principais países produtores de transxénicos son EE.UU, Brasil e Arxentina.

Para que deas a túa opinión:

– Cres que os alimentos transxénicos acabarán sendo practicamente os únicos que haxa nun futuro?

– Ti consumirías alimentos transxénicos? Por que?

Esta entrada foi publicada en CULTIVOS TRANSXÉNICOS, Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta